Institut: Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana

Fakultät: Facultade de Humanidades

Institut: Instituto de Ciencias da Educación (ICE)

Bereich: Französische Philologie

Forschungsgruppe: FRASEONET Grupo de investigación en fraseoloxía e paremioloxía

Email: misabel.gonzalez.rey@usc.es

Persönliche Website: http://www.phraseonet.com/es

Doktorin von der Universidade de Santiago de Compostela mit der Dissertation Étude systematique des expressions figées en francais pour une théorie de la phraséologie 1998. unter der Leitung von Dr. Jesús Lago Garabatos.

Como docente, imparto clases de francés desde o ano 2000 na Facultade de Humanidades (Campus de Lugo) en grao, máster e doutoramento. A miña investigación céntrase na fraseoloxía, con especial dedicación ao campo da Fraseodidáctica e a Fraseotraductoloxía. Dirixo o grupo de investigación Phraseonet (www.phraseonet.com) desde 2007, a revista Cadernos de Fraseoloxía Galega desde 2017 e o proxecto Fraseoloxía Galega no Centro de Investigacións para as Humanidades Ramón Piñeiro, centro pertencente á Xunta de Galicia, desde o 2018. Todas as miñas contribucións científicas, tanto as publicacións como a organización de eventos, articúlanse ao redor destes ámbitos. A relevancia da miña produción científica pódese comprobar sobre todo pola reedición dun libro que xa é referencia no campo da fraseología, A (nouvelle) Phraséologie du français (2021, 3e ed.). As miñas achegas científicas relaciónanse tamén coa dirección de proxectos autonómicos e nacionais ligados á fraseoloxía e a fraseodidáctica, así como coa codirección dun proxecto europeo ERASMUS + (Modernisation de l'enseignement des langues dans les centres de langues des universités algériennes), coordinado pola Universidade alxerina de Tlencem. A investigación desenvolvida ata o de agora culminou na realización dun método fraseodidáctico totalmente innovador e con RPI compartido entre 6 universidades: Phraséotext – Le Français idiomatique, publicado en 2015 e actualizado en 2022 e cunha 2ª edición en 2023, revisada e completada (Le Nouveau Phraséotext-Le Français idiomatique). En canto a postos de responsabilidade e xestión universitaria na Universidade de Santiago de Compostela, fun sucesivamente Vicedecana e Decana da Facultade de Humanidades, e Vicerreitora Adxunta de Estudos Académicos e Relacións Internacionais do Campus de Lugo, polo que fun distinguida coa Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela en 2014. Ademais, coordino unha ducia de convenios Erasmus e realicei unha quincena de estancias de mobilidade docente. Actualmente son membro da comisión PEP na ANECA e coordino o Programa de Doutorado Estudos Culturais: Memoria, Identidade, Territorio e Lingua na miña universidade.