Departamento: Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana

Facultad: Facultade de Humanidades

Instituto: Instituto de Ciencias da Educación (ICE)

Área: Filoloxía Francesa

Grupo de investigación: FRASEONET Grupo de investigación en fraseoloxía e paremioloxía

Formou parte destes grupos:

Correo: misabel.gonzalez.rey@usc.es

Web persoal: http://www.phraseonet.com/es

Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Étude systematique des expressions figées en francais pour une théorie de la phraséologie 1998. Dirixida por Dr/a. Jesús Lago Garabatos.

Como docente, imparto clases de francés desde o ano 2000 na Facultade de Humanidades (Campus de Lugo) en grao, máster e doutoramento. A miña investigación céntrase na fraseoloxía, con especial dedicación ao campo da Fraseodidáctica e a Fraseotraductoloxía. Dirixo o grupo de investigación Phraseonet (www.phraseonet.com) desde 2007, a revista Cadernos de Fraseoloxía Galega desde 2017 e o proxecto Fraseoloxía Galega no Centro de Investigacións para as Humanidades Ramón Piñeiro, centro pertencente á Xunta de Galicia, desde o 2018. Todas as miñas contribucións científicas, tanto as publicacións como a organización de eventos, articúlanse ao redor destes ámbitos. A relevancia da miña produción científica pódese comprobar sobre todo pola reedición dun libro que xa é referencia no campo da fraseología, A (nouvelle) Phraséologie du français (2021, 3e ed.). As miñas achegas científicas relaciónanse tamén coa dirección de proxectos autonómicos e nacionais ligados á fraseoloxía e a fraseodidáctica, así como coa codirección dun proxecto europeo ERASMUS + (Modernisation de l'enseignement des langues dans les centres de langues des universités algériennes), coordinado pola Universidade alxerina de Tlencem. A investigación desenvolvida ata o de agora culminou na realización dun método fraseodidáctico totalmente innovador e con RPI compartido entre 6 universidades: Phraséotext – Le Français idiomatique, publicado en 2015 e actualizado en 2022 e cunha 2ª edición en 2023, revisada e completada (Le Nouveau Phraséotext-Le Français idiomatique). En canto a postos de responsabilidade e xestión universitaria na Universidade de Santiago de Compostela, fun sucesivamente Vicedecana e Decana da Facultade de Humanidades, e Vicerreitora Adxunta de Estudos Académicos e Relacións Internacionais do Campus de Lugo, polo que fun distinguida coa Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela en 2014. Ademais, coordino unha ducia de convenios Erasmus e realicei unha quincena de estancias de mobilidade docente. Actualmente son membro da comisión PEP na ANECA e coordino o Programa de Doutorado Estudos Culturais: Memoria, Identidade, Territorio e Lingua na miña universidade.