Control das fariñas obtidas de trigo " Caaveiro " ecolóxico e convencional

  1. Fernández-Canto, N. 1
  2. García-Gómez, B. 1
  3. García-Marnotes, N. 1
  4. Cobos-García, A. 1
  5. Díaz-Rubio, O. 1
  6. Lombardero-Fernández, M. 2
  7. Vázquez-Odériz, M.L. 1
  8. Pereira lorenzo, S. 3
  9. Ramos-Cabrer, A. 3
  10. Romero-Rodríguez, M.A. 1
  1. 1 Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
  2. 2 Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
  3. 3 Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Libro:
Dende a produción á panificación do trigo galego 'Caaveiro' en cultivo ecolóxico vs. convencional
  1. Mª Ángeles Romero Rodríguez (coord.)
  2. Santiago Pereira Lorenzo (coord.)

Editorial: Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvimento Rural (IBADER) ; Universidad de Santiago de Compostela

Ano de publicación: 2022

Páxinas: 75-92

Tipo: Capítulo de libro

Resumo

O control das fariñas é fundamental ao ser a materia prima principal na elaboración do pan. En base a isto, neste capítulo, proponse desenvolver un sistema de identificación e caracterización xenética como sistema de control da trazabilidade do trigo ‘Caaveiro’. Ademais, neste estudo avalíanse os parámetros físico-químicos, nutricionais, microbiolóxicos e microscópicos da fariña de trigo ‘Caaveiro’ producida en cultivo ecolóxico vs. convencional. A identidade xenética do trigo ‘Caaveiro’ producido compróbase mediante un sistema de trazabilidade con microsatélites que permite garantir a autenticidade deste produto tan apreciado en Galicia. Os resultados das análises físico-químicas indican que as fariñas ecolóxicas teñen maior contido en humidade e, polo tanto, menor contido de sólidos totais. A nivel nutricional, as fariñas ecolóxicas presentan maior contido en graxa, sacarosa, fósforo, sodio e cobre e menor en glícidos, amidón, calcio e zinc. Neste estudo constátase que non hai diferenzas no risco de contaminación patóxena nas fariñas obtidas por ámbolos dous sistemas de cultivo.