Fachbereich: Departamento de Pedagoxía e Didáctica

Fakultät: Facultade de Ciencias da Educación

Institut: Instituto de Ciencias da Educación (ICE)

Bereich: Theorie und Geschichte der Erziehung

Forschungsgruppe: ESCULCA - Coñecemento e acción educativa

Email: miguelangel.santos@usc.es

Persönliche Website: https://www.usc.es/esculca/

Doktor von der Universidade de Santiago de Compostela mit der Dissertation La formación del profesorado basada en la actuación y/o competencia (P/CBTE) la polémica en los Estados Unidos de Norteamérica 1984. unter der Leitung von Dr. José Manuel Touriñán López.

Doctor en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) (1985). Catedrático de Universidade, da Universidade de Santiago de Compostela (USC), no Departamento de Pedagoxía e Didáctica, desde 2002; ten 6 sexenios de investigación (último: 2016). Liñas de investigación: educación e pedagoxía intercultural, escola e inmigración, e aprendizaxe-servizo e competencias na educación superior. Ampliou estudos na University of Cambridge (UK). Investigador e Profesor Visitante na Florida International University, University of Illinois at Urbana Champaign, Johns Hopkins University, University of Southern Mississippi e University of Texas at Brownsville. Ten publicado 42 libros e participado en máis dun cento de capítulos de libro. É autor duns 200 artigos en revistas acreditadas a nivel nacional e internacional. Editor de diferentes monográficos en revistas científicas, entre as que destacan a Revista Española de Pedagogía, Frontiers in Education ou Education Sciences. Director de 32 tesis doctorais, e Investigador Principal de 26 Proxectos de Investigación no ámbito nacional e internacional. Coordinador do Grupo de Innovación Docente PAIDEIA e do Grupo de Investigación Esculca (Grupo de Referencia Competitiva no Sistema Galego de I+D+I desde 2010), que obtivo o Primeiro Premio Nacional de Investigación Educativa 2007 co proxecto "Familias inmigrantes en Galicia: la dimensión socio-educativa de la integración", o Terceiro Premio Nacional de Investigación Educativa en 2003 co proxecto “La inmigración en un país de emigrantes. La construcción de la escuela intercultural en Galicia”, e o Premio María Barbeito de Educación en Galicia á Investigación Pedagóxica polo traballo "O rendemento escolar do alumnado procedente da inmigración en Galicia. Un programa de optimización para familias e centros de ensino". Coordinador da Rede RIES, integrada por 7 grupos de investigación do Sistema Universitario de Galicia, e da Rede de Excelencia “Universidade, Innovación e Aprendizaxe na Sociedade do Coñecemento” (MINECO), na que participan 7 universidades españolas. Director do Centro Asociado da UNED en A Coruña (1990-1992), Subdirector Xeral de Universidades e Investigación-Xunta de Galicia (1992-1994), Vicerreitor de Profesorado (1994-1998), membro do Consello Escolar de Galicia (1995-2010), Director do Instituto de Ciencias da Educación da USC (1998-2006), Presidente da Rede Científica SITE (2017-2019), e Presidente do Comité Organizador do VII Congreso Nacional e II Internacional de Aprendizaxe-Servizo Universitario (2016) e do XVII Congreso Nacional e IX Iberoamericano de Pedagoxía (2021). Avaliador de distintas Axencias de Avaliación e Acreditación, dentro e fora de España (incluindo a National Science Foundation en USA). Actualmente preside a Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA-ACSUG), e é Director do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC.