MIGUEL
PEREZ PEREIRA
Profesor emérito de universidade
Institut: Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Fakultät: Facultade de Psicoloxía
Institut: Instituto de Psicoloxía (IPsiUS)
Bereich: Entwicklungspsychologie und Pädagogik
Forschungsgruppe: Unidade de investigación das conductas de risco e os trastornos no desenvolvemento
Email: miguel.perez.pereira@usc.es
Doktor von der Universidade de Santiago de Compostela mit der Dissertation Relaciones lenguaje-pensamiento| una perspectiva evolutiva 1981. unter der Leitung von Dr. Agustín Dosil Maceira.
O meu ámbito fundamental de investigación foi a Psicoloxía Evolutiva, e máis concretamente o estudo do Desenvolvemento da Linguaxe. Investiguei sobre o desenvolvemento da linguaxe en nenos hispano falantes ou falantes do galego. Durante varios anos investiguei sobre a adquisición da linguaxe en nenos cegos. Fun IP de varios proxectos e contratos relacionados coa investigación desta temática, dos que se derivaron varias publicacións en revistas de impacto, e un libro en coautoría con Gina Conti-Ramsden publicado en Psychology Press (1999), e outro en Paidós (1994), ademais de varios capítulos de libros en editoriais nacionais e estranxeiras. Solicitóuseme como experto un capítulo sobre Desenvolvemento da Linguaxe en nenos cegos para a Encyclopedia of Language and Linguistics, 2nd Ed. de Elsevier (2006). A partir de 1998 desenvolvín varios proxectos para elaborar a versión galega das escalas MacArthur-Bates (CDI). Dita investigación resultou non soamente na construción das escalas, senón tamén na obtención dunha importante cantidade de datos sobre a adquisición da linguaxe en nenos galegos. Como resultado publiquei varios artigos en revistas de impacto sobre o tema, ademais de capítulos de libro. Pertenzo á rede europea EUNM-CDI. Utilicei tamén as escalas MacArthur-Bates para investigacións que relacionan o desenvolvemento da linguaxe e o desenvolvemento da teoría da mente. Desde 2008 comezamos un proxecto lonxitudinal sobre a adquisición da linguaxe en nenos prematuros. Co fin de establecer os factores que poden actuar como determinantes dos resultados evolutivos no campo da linguaxe investigamos, ademais, moitos outros factores (desenvolvemento cognitivo, calidade do medio familiar e escolar, temperamento...). Destas investigacións deriváronse varias publicacións en revistas de impacto, e é o tema principal da miña investigación no presente. Esta liña de investigación está a posibilitar a colaboración con outros equipos de investigación doutros países, como os de Suvi Stolt (Finlandia) e Alessandra Sansavini e Annalisa Guarini (Italia), dous dos grupos de referencia internacionais sobre o desenvolvemento da linguaxe en nenos prematuros. Estas dúas últimas investigadoras forman parte do equipo que desenvolve o proxecto proxecto PSI2015-66697-R. Ao longo da miña carreira estiven implicado na organización de congresos no ámbito da Psicoloxía Evolutiva e a Adquisición da Linguaxe a nivel internacional. No meu desenvolvemento persoal e profesional tiven tamén un propósito de vertebrar a profesión e a ciencia. Fun o primeiro Presidente do Colexio Oficial de Psicólogos (COP) en Galicia, e vogal das primeiras Xuntas de Goberno do COP. Tamén fun fundador e primeiro Presidente da Asociación para o Estudo da Adquisición da Linguaxe (AEAL), e tiven unha participación moi activa na International Association for the Study of Child Language (IASCL) da que fun vogal do Comité Executivo, e Presidente do Comité Electoral (2005). Fun Editor Asociado de Infancia e Aprendizaxe durante 13 anos, e pertenzo ao Editorial Board de varias revistas (First Language...). Actuei como revisor de múltiples revistas científicas como Child Development, Journal of Language Speech and Hearing Research... Fun nomeado Presidente de Honra de AEAL (08/09/2022) e Colexiado de Honra do COPG (08/06/2019). Desenvolvín tamén un intenso labor como experto da Dirección Xeral de Investigación (Ministerio de Ciencia e Innovación) na avaliación de proxectos entre os anos 2006 e 2013. Desde xaneiro do 2019 ata maio de 2021 fun vogal da Comisión D-18 da ANECA (Axencia Nacional de Avaliación da Calidade).