AZUCENA DEL CARMEN
MORA GUTIERREZ
Catedrática de universidade
Departamento: Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía
Facultad: Facultade de Veterinaria
Instituto: Instituto de Investigación do Medio Acuático para unha Saúde Global (iARCUS)
Agrupación estratéxica de I+D+i: Agrupación Estratéxica en Xestión e Produción sustentable de Biorrecursos (BioReDes)
Área: Microbioloxía
Grupo de investigación: LREC Laboratorio de Referencia de Escherichia coli (LREC)
Correo: azucena.mora@usc.es
Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Escherichia coli verotoxigénicos (ECVT) O157-H7 y no O157 Prevalencia, serotipos, fagotipos, genes de virulencia, tipos de intiminas, perfiles de PFGE y resistencias a antibióticos de ECVT de origen humano y animal 2002. Dirixida por Dr. Jorge Blanco Álvarez, Dr. Miguel Blanco Álvarez.
Catedrática de Microbioloxía na Facultade de Veterinaria de Lugo (USC), cunha traxectoria consolidada no ámbito da seguridade alimentaria, sanidade animal e da resistencia aos antimicrobianos. Doutora en Veterinaria pola USC, recibiu o Premio Extraordinario de Doutoramento e o Premio SYVA á Mellor Tese en Sanidade Animal (2002). Foi investigadora do Programa Ramón y Cajal para a atracción de talento (2007–2012). Académica correspondente nacional electa da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia na área de sanidade animal, actualmente exerce de embaixadora da Alianza EUniWell para a USC. Membro do Laboratorio de Referencia de Escherichia coli (LREC), integrado na rede EU-NRL para VTEC en alimentos, e do Instituto de Investigación do Medio Acuático para unha Saúde Global (iARCUS). Desde 2023 forma parte do Comité Científico da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN) e colabora co Plan Nacional fronte á Resistencia aos Antibióticos (PRAN) da AEMPS. Actualmente exerce como Education Officer do grupo de estudo sobre infeccións transmitidas por alimentos e auga da ESCMID (EFWISG, 2024–2026). Anteriormente foi directora científica do CEBIOVET da Fundación Rof Codina (2022– xuño 2025). Con máis de 25 anos de experiencia no estudo de E. coli patóxena en humanos e animais, liderou oito proxectos de investigación rexionais e nacionais como investigadora principal, dirixiu numerosas teses de doutoramento e conta con máis de 100 publicacións científicas (índice H = 50, Web of Science), unha das cales foi galardoada co Premio PRAN (II Edición, 2018). A súa investigación céntrase na resistencia aos antibióticos desde un enfoque One Health. A súa liña actual, “Monitorización integrada do fluxo de resistencias a antimicrobianos (RAM) e dianas de intervención do medio ambiente, á granxa e á mesa”, foi recoñecida co Premio PRAN 2024 á “Mellor iniciativa de investigación na resistencia aos antibióticos”. Ademais, dirixe o Servizo de Diagnóstico e Asesoramento especializado en técnicas microbiolóxicas para o xenotipado de cepas patóxenas de E. coli.