Departamento: Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía

Facultad: Facultade de Veterinaria

Instituto: Instituto de Investigación do Medio Acuático para unha Saúde Global (iARCUS)

Agrupación estratéxica de I+D+i: Agrupación Estratéxica en Xestión e Produción sustentable de Biorrecursos (BioReDes)

Universidad: Universidade de Santiago de Compostela

Área: Microbioloxía

Grupo de investigación: LREC Laboratorio de Referencia de Escherichia coli (LREC)

Correo: azucena.mora@usc.es

Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Escherichia coli verotoxigénicos (ECVT) O157-H7 y no O157 Prevalencia, serotipos, fagotipos, genes de virulencia, tipos de intiminas, perfiles de PFGE y resistencias a antibióticos de ECVT de origen humano y animal 2002. Dirixida por Dr. Jorge Blanco Álvarez, Dr. Miguel Blanco Álvarez.

Catedrática de Microbioloxía na Facultade de Veterinaria do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela (USC), cunha ampla traxectoria científica nos ámbitos da seguridade alimentaria, a sanidade animal e a resistencia aos antimicrobianos. Doutora en Veterinaria pola USC, recibiu o Premio Extraordinario de Doutoramento e o Premio SYVA á Mellor Tese en Sanidade Animal (2002). Foi investigadora do programa Ramón y Cajal para a atracción de talento (2007–2012). Foi seleccionada como primeira Champion da Alianza Europea de Universidades EUniWell para a USC no ámbito de One Health (Unha Soa Saúde) e elixida Académica Numeraria da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia na convocatoria de 2025, estando pendente do acto oficial de ingreso. Desde xuño de 2026 é Presidenta do Comité Científico da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN). Colabora, ademais, co Plan Nacional fronte á Resistencia aos Antibióticos (PRAN) da AEMPS. No ámbito internacional, foi elixida Secretary do Executive Committee do ESCMID Food- and Water-borne Infections Study Group (EFWISG) para o período 2026–2028, tras exercer como Education Officer durante o mandato 2024–2026. É investigadora principal do Laboratorio de Referencia de Escherichia coli (LREC), integrado na rede europea EU-NRL para VTEC en alimentos, e do Instituto de Investigación do Medio Acuático para unha Saúde Global (iARCUS). Anteriormente foi directora científica do CEBIOVET da Fundación Rof Codina (2022–xuño de 2025). Con máis de 25 anos de experiencia no estudo de Escherichia coli patóxena en humanos e animais, liderou oito proxectos competitivos de investigación rexionais e nacionais como investigadora principal, dirixiu numerosas teses de doutoramento e é autora de máis de 150 publicacións científicas en revistas internacionais, cun índice H de 51 (Web of Science, xuño de 2026). Entre as súas contribucións científicas destaca un traballo recoñecido co Premio PRAN (II Edición, 2018). A súa investigación céntrase na resistencia aos antimicrobianos desde unha perspectiva One Health, integrando saúde humana, animal e ambiental. A súa liña actual, «Monitorización integrada do fluxo de resistencias aos antimicrobianos (RAM) e identificación de dianas de intervención desde o medio ambiente, á granxa e á mesa», foi distinguida co Premio PRAN 2024 á «Mellor iniciativa de investigación na resistencia aos antibióticos». Ademais, dirixe o Servizo de Diagnóstico e Asesoramento especializado en técnicas microbiolóxicas para o xenotipado de cepas patóxenas de Escherichia coli.