Departamento: Departamento de Pedagoxía e Didáctica

Facultad: Facultade de Ciencias da Educación

Instituto: Instituto de Ciencias da Educación (ICE)

Área: Teoría e Historia da Educación

Grupo de investigación: ESCULCA - Coñecemento e acción educativa

Correo el.: mdelmar.lorenzo@usc.es

Web persoal: https://www.usc.es/esculca/

Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Delincuencia femenina e intervención pedagógica un estudio sobre la cuestión en Galicia 1995. Dirixida por Dr. Miguel Anxo Santos Rego.

Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) (1991), donde se doutorou en 1995 coa tese titulada La delincuencia femenina e intervención pedagógica. Un estudio sobre la cuestión en Galicia. Desde 2022 é Catedrática de Universidade no Departamento de Pedagoxía e Didáctica. As súas liñas de investigación son: educación e pedagoxía intercultural, pedagoxía laboral, pedagoxía penitenciaria, educación familiar, e aprendizaxe-servizo e competencias na educación superior. Ten publicado 18 libros, e participou en numerosos capítulos de libro (40). É autora de máis de 70 artículos en revistas de impacto na escea nacional e internacional, entre elas: European Journal of Education, Intercultural Education, Evaluation and Program Planning, Mediterranean Journal of Education, Revista Portuguesa de Pedagogía, MAGIS. Revista Internacional de Investigación en Educación, Bordón, Revista de Educación, Revista Española de Pedagogía, Revista de Investigación Educativa, Cultura y Educación, Educación XX1, Teoría de la Educación, Psicothema, Frontiers in Psychology, Revista Iberoamericana de Educación o Anales de Psicología. Pertence ao Grupo de Investigación ESCULCA da USC (Grupo de Referencia Competitiva doSistema Galego de I+D+I) que obtivo o 1º Premio Nacional de Investigación Educativa 2007 co Proxecto "Familias inmigrantes en Galicia: la dimensión socio-educativa de la integración" (SEJ2004-05967) do que foi Investigadora Principal. Ademáis, o Grupo obtivo o terceiro Premio Nacional de Investigación en 2003 cun proxecto, no que participou como investigadora, sobre Aprendizaxe Cooperativa en centros educativos. Tamén recibeu o Premio María Barbeito de Educación en Galicia á Investigación Pedagóxica na súa terceira edición polo traballo "O rendemento escolar do alumnado procedente da inmigración en Galicia. Un programa de optimización para familias e centros de ensino". Forma parte da Rede RIES (Xunta de Galicia) e da Rede de Excelencia “Universidade, Innovación e Aprendizaxe na Sociedade do Coñecemento” (Ministerio de Ciencia e Innovación). Ten dirixido 11 teses doutorias contribuíndo ao inicio e desenvolvemento da carreira investigadora de novos/as docentes de universidade e de profesionais doutros niveis educativos. Ten sido investigadora en máis de 20 proxectos financiados en convocatorias competitivas (autonómicas, nacionais e europeas) e contratos coa administración. É avaliadora de distintas Axencias autonómicas, nacionais e internacionais. Ten participado en numerosos congresos internacionais, destacando os de EERA. Foi Xefa de División de Investigación Educativa no Instituto de Ciencias da Educación (ICE), Vicerreitora de Extensión Cultural e Servizos á Comunidade Universitaria (4 anos), Vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos (4 anos) e coordinadora do Programa de Doutorado de Educación na mesma Universidade. Foi Subdirectora da Revista Galega do Ensino, Directora da Cátedra UNESCO de Cultura de Paz e Dereitos Humanos, e Asesora UNED no Centro Penitenciario de Teixeiro (A Coruña). Recoñecidos catro (4) Sexenios de Investigación (1995-2000, 2000-2006, 2006-2012 e 2013-2018) e un (1) de Transferencia pola Comisión Nacional de Evaluación de la Actividad Investigadora (CNEAI). Actualmente é decana da Facultade de Ciencias da Educación da USC.