Departamento: Departamento de Economía Aplicada

Facultad: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Centro de Investigación Interuniversitario: Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC)

Área: Economía Aplicada

Grupo de investigación: Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social

Correo el.: edelmiro.lopez@usc.es

Web persoal: https://www.usc.gal/ecoagra

Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Demografía e estructuras agrarias análise da dinámica demográfica e das mudancas nas estructuras fundiarias da agricultura galega 1950/1993 1994. Dirixida por Dr/a. Xosé Manuel Beiras Torrado.

Doutor (1994) en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), con Premio Extraordinario de Doutoramento. Desde 1985 desenvolve a súa actividade no Departamento de Economía Aplicada da USC, onde desde 1996 é Profesor Titular. De 1999 a 2005 foi director do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA). Entre agosto de 2005 e abril de 2009 ocupou o cargo de director xeral de Desenvolvemento Rural na Xunta de Galicia. Desde marzo de 2017 é director do Departamento de Economía Aplicada da USC. As súas liñas de investigación céntranse na economía e a política agraria, con especial atención á dinámica das estruturas agrarias e a mobilidade da terra, o desenvolvemento rural e a economía rexional. Dirixiu ou participou en 30 proxectos competitivos de investigación autonómicos, nacionais e internacionais. Esta traxectoria investigadora complementouse con máis de 50 contratos e convenios con entidades privadas e institucións públicas, incluíndo INLAC, Xunta de Galicia, Comisión Europea, Banco Interamericano de Desenvolvemento, IICA, Assembleia da República de Portugal e o Ministerio de Agricultura de España. Ten publicados 28 artigos en revistas indexadas, tanto internacionais como nacionais, 35 libros e 40 capítulos de libros en editoriais españolas e estranxeiras. En 1995 recibiu un accésit no XXIII Premio Nacional de Publicacións Agrarias. Conta con 3 sexenios: 2 sexenios de investigación e 1 sexenio de transferencia. E con 4,75 (sobre un máximo de 5) tramos non consolidables nos complementos de excelencia curricular da Xunta de Galicia. Na actualidade é coordinador do grupo de investigación ECOAGRASOC, recoñecido como Grupo de Referencia Competitivo no Sistema Universitario Galego. Os seus intereses científicos a medio prazo céntranse na análise das políticas agrarias e de desenvolvemento rural, a cadea alimentaria, a mobilidade e o abandono de terras e os incendios forestais (en 2017-2018 foi membro da Comisión Técnica Independente designada pola Assembleia da República de Portugal para o estudo dos incendios de 2017 neste país).