Departamento: Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía

Facultad: Facultade de Psicoloxía

Instituto: Instituto de Psicoloxía (IPsiUS)

Área: Psicoloxía Básica

Grupo de investigación: Procesos cognitivos e conduta

Correo: luis.jimenez@usc.es

Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Aprendizaje implícito y conciencia en una tarea de aprendizaje secuencial 1993. Dirixida por Dr. Cástor Méndez Paz.

Son un psicólogo experimental interesado na relación entre aprendizaxe e control cognitivo. A miña investigación enfocouse inicialmente na cuestión de como a aprendizaxe pode xurdir de maneira inmediata da experiencia, tal e como se observa nalgúns dos paradigmas xa clásicos de aprendizaxe implícita. Ao longo dos anos, a cuestión de como se produce aprendizaxe sen control levoume a un interese complementario polas cuestións de como o control cognitivo modula a aprendizaxe na maioría das situacións, e como a aprendizaxe modula o exercicio do control cognitivo. Aprendín que a ciencia básica non adoita ofrecer respostas sinxelas a preguntas interesantes, se non que normalmente proporciona versións informadas, pero cada vez máis complexas, da proverbial resposta galega: "iso depende". O bo de iso é que teremos tempo de sobra para desfrutar da busca de esas dependencias.