MANUEL
GONZALEZ GONZALEZ
Emeritus university professor
Department: Department of Galician Philology
Faculty: Faculty of Philology
Institute: Galician Language Institute (ILG)
Area: Romanic Philology
Research group: Galician Philology and Linguistics
Email: manuel.gonzalez.gonzalez@usc.es
Doctor by the Universidad Complutense de Madrid with the thesis Naturaleza y valor probativo de la tercera vía de Santo Tomás de Aquino 1969.
Prof. axudante de Lingua e Literat. provenzais na USC. Catedrático de Lingua e Literat. españolas de Ensino Medio. Prof. adxunto da USC desde 1982 ata 1997. Cadedrático de Filoloxía Románica da USC desde 1997. Académico de Número da RAG (onde foi Secretario, Presidente en funcións, Tesoureiro e director dos Seminarios de Lexicografía, de Terminoloxía e de Sociolingüística). Membro correspondente do Institut d'Estudis Catalans. Académico correspondente da Euskaltzaindia. Promotor dos Cursos de Lingua e Cultura Galegas para estranxeiros, que dirixiu durante 21 anos. Coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades desde 2002. Director de Termigal desde 1996. Membro do ILG, do que foi secretario durante 7 anos. Vicepresidente da AETER e membro dun gran número de asociacións científicas. Desenvolveu a maior parte da súa actividade docente na USC, foi profesor visitante na Nouvelle Sorbonne (Paris III) durante dous semestres nos cursos 1994-95 e 1995-96, e impartiu cursos e conferencias nun gran número de Univesidades europeas, americanas e asiáticas. No campo da dialectoloxía é coautor do Atlas Lingüístico Galego, do Atlas Linguistique Roman (de cuxo comité de redacción forma parte) e do Atlas Linguarum Europae. No ámbito da lexicografía, é o director do Dicionario da Real Academia Galega, do Dicionario castelán-galego da RAG, e coautor do Vocabulario ortográfico da lingua galega e de 19 vocabularios e dicionarios terminolóxicos de diversas linguas de especialidade. No ámbito da sociolingüística, participou na elaboración das Bases prá unificación das Normas Lingüísticas do Galego e das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Coordinou a modificación do texto normativo do ano 1995, e en 2003 presidiu a Comisión para a reforma das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, que deu como resultado a coñecida como Normativa de consenso. Presidiu a comisión Técnica que redactou o Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade polo Parlamento de Galicia en 2004. Dirixiu desde 1994 o Mapa sociolingüístico de Galicia, así como a Actualización do Mapa sociolingüístico Galego realizada en 2004. Neste mesmo ámbito dirixiu o estudo O galego segundo a mocidade. No campo da fonética e das tecnoloxías da fala, Manuel González foi dos iniciadores dos estudos de fonética acústica en Galicia, e na actualidade centra as súas investigación especialmente nas tecnoloxías da fala. Dirixiu diversos proxectos de síntese de voz, recoñecemento de voz e sistemas de diálogo home-máquina, entre os que destaca Cotovía, o primeiro conversor texto-voz para a lingua galega, ou Laverca, o primeiro conxugador e analizador verbal da Península Ibérica con voz sintetizada. É autor de máis de 200 artigos referidos a distintos aspectos da lingüística románica, e membro do Consello científico de máis de vinte revistas especializadas de España de doutros países (especialmente románicos)