Departamento: Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización

Facultad: Facultade de Medicina e Odontoloxía

Centro de Investigación Interuniversitario: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga)

Área: Estatística e Investigación Operativa

Grupo de investigación: Modelos de optimización, decisión, estatística e aplicacións

Correo: mariaisabel.borrajo@usc.es

Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Nonparametric inference on point processes with covariates 2018. Dirixida por Dr. Wenceslao González Manteiga, Dr/a. María Dolores Martínez Miranda.

María Isabel Borrajo (Narón, 1989) é Profesora Contratada Doutora no Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización (USC) e persoal investigador vinculado do CITMAga (Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia). Obtivo o seu doutoramento en Matemáticas en febreiro de 2018, coa tese titulada "Nonparametric inference on point processes with covariates", baixo a dirección dos Prof. Dres. Wenceslao González-Manteiga (USC) e M. Dolores Martínez Miranda (U. de Granada). Foi Profesora Interina de Substitución no Departamento de Estatística da Universidade de Oviedo durante o curso 2017/2018. Dende setembro de 2018 foi investigadora posdoutoral na Universidade de Lancaster (Reino Unido) e en 2019 conseguiu unha plaza de Profesora Axudante Doutora na USC. As súas investigacións céntranse en dous eidos da Estatística: a Estatística Espacial e a Inferencia Nonparamétrica, nos que ten desenvolvido varias metodoloxías e aplicacións que foron publicadas en varios artigos. Ademais, participa activamente na divulgación do coñecemento científico a través de participación en feiras, xornadas, obradoiros e charlas. Imparte tamén cursos de Estatística en diferentes ámbitos, entre outros o curso de Visualización a Análise de Datos con R integrado na oferta da USC de Verán durante os últimos anos.