Institut: Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización

Fakultät: Facultade de Medicina e Odontoloxía

Interuniversitäres Forschungszentrum: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga)

Bereich: Statistik und Operations Research

Forschungsgruppe: Modelos de optimización, decisión, estatística e aplicacións

Email: mariaisabel.borrajo@usc.es

Doktorin von der Universidade de Santiago de Compostela mit der Dissertation Nonparametric inference on point processes with covariates 2018. unter der Leitung von Dr. Wenceslao González Manteiga, Dr. María Dolores Martínez Miranda.

María Isabel Borrajo (Narón, 1989) é Profesora Contratada Doutora no Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización (USC) e persoal investigador vinculado do CITMAga (Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia). Obtivo o seu doutoramento en Matemáticas en febreiro de 2018, coa tese titulada "Nonparametric inference on point processes with covariates", baixo a dirección dos Prof. Dres. Wenceslao González-Manteiga (USC) e M. Dolores Martínez Miranda (U. de Granada). Foi Profesora Interina de Substitución no Departamento de Estatística da Universidade de Oviedo durante o curso 2017/2018. Dende setembro de 2018 foi investigadora posdoutoral na Universidade de Lancaster (Reino Unido) e en 2019 conseguiu unha plaza de Profesora Axudante Doutora na USC. As súas investigacións céntranse en dous eidos da Estatística: a Estatística Espacial e a Inferencia Nonparamétrica, nos que ten desenvolvido varias metodoloxías e aplicacións que foron publicadas en varios artigos. Ademais, participa activamente na divulgación do coñecemento científico a través de participación en feiras, xornadas, obradoiros e charlas. Imparte tamén cursos de Estatística en diferentes ámbitos, entre outros o curso de Visualización a Análise de Datos con R integrado na oferta da USC de Verán durante os últimos anos.