Departamento: Departamento de Historia da Arte

Facultad: Facultade de Xeografía e Historia

Área: Música

Grupo de investigación: Estudos Históricos de Música en Galicia e América (ss. XI-XX)

Correo: javier.gandara.feijoo@usc.es

Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Teatro musical e identidades colectivas en territorio hispano y luso (1750-1814) perspectivas desde lo gallego 2023. Dirixida por Dra. Montserrat Capelán.

Investigador posdoutoral contratado pola Universidade de Santiago de Compostela. Obtivo sobresaliente Cum Laude e mención internacional na súa tese sobre a utilización do teatro musical como ferramenta política e identitaria a finais do Antigo Réxime. Previamente, estudou o Máster en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural e o Máster de Profesorado (ambos na Universidade de Vigo), así como concluíu o Grao en Historia da Arte (Universidade de Santiago de Compostela) e os Títulos Superior e Profesional de Música (Conservatorio Superior de Música da Coruña e Conservatorio Profesional de Música de Ourense). Gándara traballou na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso, Conservatorio Superior de Música de Vigo, Consello da Cultura Galega e Fundación Curros Enríquez. Con respecto ás distincións, recibiu o Premio Andrés Segovia-José Miguel Ruiz Morales na especialidade de Musicoloxía, galardón outorgado polos cursos internacionais Música en Compostela. Na actualidade, pertence ao Grupo Organistrum e ao Instituto de Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela, así como vincula parte do seu proxecto posdoutoral a dúas institucións máis: o Centro de Investigação Transdisciplinar Cultura, Espazo e Memória da Universidade do Porto e a Escola Superior de Música e Artes do Espetáculo do Instituto Politécnico portuense. Gándara participou en diferentes congresos nacionais e internacionais, do mesmo xeito que ten realizado estadías de investigación financiadas en Madrid (Casa de Velázquez/Centro Superior de Investigación e Promoción da Música-Universidade Autónoma de Madrid) e Lisboa (Centro de Estudos de Sociologia e Estética Musical-Universidade Nova de Lisboa, a cuxo Núcleo Caravelas Javier está adherido). Os artigos máis relevantes de Gándara atópanse publicados en revistas como Quintana (Santiago de Compostela), RdM (Madrid) e Resonancias (Santiago de Chile); tamén é autor de capítulos de libro en editoriais como Iberoamericana/Vervuert (Madrid/Frankfurt am Main) ou o selo da Sociedade Española de Musicoloxía (Madrid).