Oferta científica

  • Canal de ondas e corrente de 20 x 1.20 x 0.65 m, con capacidade para xeración de ondaxe regular e irregular, sistema de absorción de ondas reflectidas (AWACS) e sistema de xeración de corrente reversible.
  • Cartografía, inventario e estudos a partir de imaxes tomadas mediante drones e satélites.
  • Ensaios de modelos físicos a escala en canal de ondas. Modelos de: estructuras portuarias e costeiras (diques, espigóns, etc.), convertidores de enerxía das ondas, barreiras flotantes de contención de hidrocarburos, etc.
  • Estudos de teledetección aérea e espacial con sensores ópticos, multiespectrales e hiperespectrales. Estudos de vexetación, calidade de augas, áreas queimadas, control de cambios (estudos multitemporales), etc. Elaboración de cartografía temática e informes.
  • Levantamentos topográficos.
  • Modelización numérica da interacción entre a ondaxe e unha estructura ou un convertidor de enerxía da ondaxe.
  • Modelización numérica de procesos litorais: oleaxe, correntes de marea, transporte de sedimentos, contaminantes.
  • Patente internacional "WaveCat", sistema de converxión da enerxía da ondaxe.
  • Proxectos fotogramétricos para a modelización e estudo de obxectos en 3D: naturais e artificiais, estáticos ou en movemento, accesibles e inaccesibles e cun amplo rango de dimensións. Levantamento en campo (o escaneo pode ser achegado polo cliente), creación e edición do modelo 3D, ortofoto (imaxe métrica), planos en dous e/ou tres dimensións e control de calidade.