Liñas de investigación

  •  Análise económica, financeira ra e fiscal da ES.
  •  Benestar e comportamento das persoas nas organizacións.
  •  Emprendemento na ES.
  •  Implicacións da ES para a igualdade de oportunidades.
  •  Influencia e impacto da ES en Galicia.
  •  Marketing dixital:
  •  Marketing internacional:
  •  Monetización do valor social.
  •  Recursos humanos e sustentabilidade.
  •  Relacións entre a ES e o emprego/autoemprego de calidade.
  •  Responsabilidade Social.
  •  Xestión comercial e dirección de equipos de vendas.
  •  Xestión da igualdade de oportunidades: desenvolvemento de carreira profesional, xestión da conciliación da vida persoal, familiar e laboral, igualdade salarial, perspectiva de xénero no deseño de políticas públicas e estratexias empresariais.
  •  Xestión de persoas e innovación.
  •  Xestión internacional de persoas: asignacións internacionais e expatriación.
  • As liñas de investigación do grupo combinan as áreas de coñecemento de Organización de empresas e de Comercialización e Investigación de Mercados, profundando en ámbitos concretos de interese e impacto na contorna socioeconómica, coma a innovación, a sustentabilidade, e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. As investigacións do grupo redundan en aspectos que contribuirán ao desenvolvemento de liñas prioritarias de transformación do tecido económico e empresarial, coma a economía dixital, a colaborativa e a internacional. Estas liñas de investigación están particularmente aliñadas cos Obxectivos de Desenvolmento Sustentable máis relacionados coa actividade económica, nomeadamente o ODS 8, 11 e 5 (promoción de crecemento sustentable e traballo decente; equidade e desenvolvemento territorial; igualdade de oportunidades).
  • Liña 1. Dirección e xestión de persoas
  • Liña 2. Dirección de Marketing
  • Liña 3. Economía Social
  • Liñas de investigación
  • o Influencia das novas tecnoloxías na cadea de subministración e a economía colaborativa.
  • o Influencia das novas tecnoloxías no comportamento do consumidor e na dirección de marketing da empresa.
  • o Influencia dos recursos e capacidades da empresa na dirección estratéxica da empresa internacional.
  • o Influencia dos valores persoais e culturais na dirección estratéxica da empresa internacional e no comportamento do consumidor.
  • o Neuromarketing e marketing experiencial.