Aplicación de novas tecnoloxías no estudo da costa de Galicia dirixidas a unha nova xestión no contexto do cambio global

  1. Gómez Pazo, Alejandro
Dirixida por:
  1. Augusto Pérez Alberti Director
  2. Xosé Luis Otero Pérez Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 22 de febreiro de 2022

Tribunal:
  1. José Luis Peña Monné Presidente/a
  2. Manuela Costa Casais Secretaria
  3. Pedro José Miranda Da Costa Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Xeografía

Tipo: Tese

Resumo

Esta investigación afonda no coñecemento das costas rochosas en xeral, e das galegas en particular. Nela, realizase unha análise a distintas escalas baseada nas novas tecnoloxías. A microescala empréganse diferentes dispositivos como o Equotip para coñecer o grao de alteración das rochas; a mesoescala úsanse sensores RFID para coñecer os desprazamentos nas praias de bloques e por último, a macroescala trabállase coa información elaborada a partires dos drons para analizar o comportamento de distintos sectores, como as praias de bloques ou os cantís. Por último, para acadar unha visión global da evolución da costa galega, estúdanse en detalle dous ambientes sedimentarios como son Corrubedo e Rodas. A partir destes resultados analízanse as normativas galegas sobre a xestión costeira e as posíbeis melloras a introducir.