Departamento: Departamento de Xeografía

Facultad: Facultade de Xeografía e Historia

Área: Xeografía Física

Web persoal: https://alejandrogomezpazo.com/

Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Aplicación de novas tecnoloxías no estudo da costa de Galicia dirixidas a unha nova xestión no contexto do cambio global 2022. Dirixida por Dr. Augusto Pérez Alberti, Dr. Xosé Luis Otero Pérez.

As miñas investigacións están ligadas á xeomorfoloxía costeira, centrándose especialmente nas costas rochosas, a teledeteción e os SIX. Actualmente son investigador posdoutoral na Universidade de Santiago de Compostela e o meu proxecto (MSCOASTVAR) trata de mellorar a comprensión sobre a evolución costeira a múltiples escalas baseadas nas novas tecnoloxías. Este proxecto tamén trata de mellorar as medidas destinadas a xestionar os ambientes costeiros.