Department: Department of Pedagogy and learning

Faculty: Faculty of Teacher Training

Area: Theory and History of Education

Was part of these groups:

Personal web: https://www.usc.es/esculca/

Doctor by the Universidade de Santiago de Compostela with the thesis La educación emocional en procesos de enfermedad infantil. Una propuesta formativa en oncología pediátrica 2023. Supervised by Dr. Miguel Anxo Santos Rego, Dr. María José Méndez Lois.

Doutora en Educación pola Universidade de Santiago de Compostela (2023) con Mención Internacional e tese realizada grazas a un contrato predoctoral da Xunta de Galicia e un contrato predoctoral de Formación para o Profesorado Universitario (FPU). Entre os seus estudos previos inclúese o Máster en Musicoterapia pola Universidad Autónoma de Madrid (2018), o Máster en Psicopedagoxía pola Universitat de Barcelona (2017) e o Grao en Mestre/a de Educación Infantil pola Universidade de Santiago de Compostela (2015). Pertence ao Grupo de Investigación ESCULCA (Grupo de Referencia Competitiva do Sistema Galego de I+D+i) e á Rede RIES. A súa traxectoria profesional estivo vinculada ao traballo con colectivos de diferentes idades, incluíndo actividades pedagóxicas e de apoio a colectivos en hospitalización pediátrica. Realizou estadías de investigación na Helsingin Yliopisto e na Universitat de lles Illes Balears e o seu proceso académico e laboral complétase coa participación activa en diferentes actividades formativas e de transferencia e a colaboración en proxectos de I+D+i. Así mesmo, conta con diferentes publicacións e participación en congresos nacionais e internacionais. Na actualidade é profesora interina de substitución no Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade de Santiago de Compostela. Os eixos principais sobre os que versa a súa investigación son a educación emocional e a pedagoxía hospitalaria.