Departamento: Departamento de Historia da Arte

Facultad: Facultade de Xeografía e Historia

Centro de Investigación Interuniversitario: Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC)

Área: Historia da Arte

Grupo de investigación: Proxectos e estudos sobre patrimonio cultural

Correo el.: juanmanuel.monterroso@usc.es

Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese La pintura barroca en Galicia 1620-1750 1995. Dirixida por Dr. José Manuel García Iglesias.

Catedrático de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela. Con anterioridade foi profesor titular da Universidade da Coruña. Foi decano da Facultade de Xeografía e Historia da USC entre 2008 e 2016 e director do Departamento de Historia da Arte da USC entre 2003 e 2008 e 2016 e 2021. Tamén foi presidente da Comisión para a elaboración dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela entre 2009 e 2012. Igualmente, ten coordinado o Máster Interuniversitario en Xestión do Patrimonio Arquitectónico e Artístico, Museos e Mercado da Arte entre as universidades de Santiago e As Palmas de Gran Canaria. Actualmente é coordinador do programa de doctorado en Historia, Xeografía e Historia da Arte, así como coordinador do grupo de investigación Iacobus (Gi-1907) da USC. A súa labor docente e investigadora se desenvolve en torno á época moderna en Galicia, así como cos estudos iconográficos e de protección e xestión do patrimonio cultural. Como conferenciante e profesor invitado participou en programas de posgrao en distintas universidades españolas, europeas e americanas. Ha coordinado e comisariado a montaxe de numerosas exposicións de carácter nacional e internacional.