Departamento: Departamento de Química Física

Facultad: Facultade de Química

Centro singular: Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS)

Área: Química Física

Grupo de investigación: Materia Condensada & Materiais Funcionais

Correo el.: massimo.lazzari@usc.es

Web persoal: https://www.fun-nanotech.org/

Doutor pola Consorzio fra le università di Genova, Pavia e Torino; Università di Torino coa tese Studio della degradazione di miscele polimeriche, copolimeri e polimeri a struttura controllata 1996. Dirixida por Dr/a. Oscar Chiantore.

Bolseiro da Federación Italiana da Industria Química (Federchimica) en 1991, bolseiro de doutoramento en Ciencias Químicas polo Ministerio da Universidade de Italia en 1992-95, bolseiro posdoctoral European Union Science & Technology (Programme in Japan) na Osaka University (Xapón, 1996-97, no grupo do Prof. Koichi Hatada), e bolseiro Marie Curie no Instituto de Investigacions Tecnoloxicas da USC en 2003-04 (no grupo do Prof. M. Arturo López Quintela). Profesor numerario de Química Macromolecular (Ricercatore Universitario di Chimica Industriale e dei Materiali Polimerici) na Universitá degli Studi di Torino, Italia, desde 1998. Contratado Ramon y Cajal (2005-2010) na USC, Profesor Titular (2010-2021), e finalmente Catedrático de Universidad de Química Física desde 2022. Estancias curtas como profesor visitante (> 3 meses) na USC (2001; investigador visitante da Xunta de Galicia) e no National Institute of Advanced Industrial Science and Technology, Research Center for Photovoltaics en Tsukuba, Xapón (2016, no grupo de Vladimir Svrcek; estancias "Salvador de Madariaga" para profesores do Ministerio da Educación).