GUMERSINDO
FEIJOO COSTA
Catedrático de universidade
Departamento: Departamento de Enxeñaría Química
Facultad: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Centro singular: Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS)
Universidad: Universidade de Santiago de Compostela
Área: Enxeñaría Química
Grupo de investigación: BIOGROUP Biotecnoloxía Ambiental
Correo: gumersindo.feijoo@usc.es
Web persoal: https://biogroup.usc.es/users/gumersindo-feijoo
Directorio: https://cretus.usc.es/
Disponible para contactar con medios ( prensa / radio / tv )
Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Producción en continuo de enzimas ligninolíticos por Phanerochaete chysosporium 1994. Dirixida por Dr. Juan Manuel Lema Rodicio.
Catedrático de Enxeñaría Química na Universidade de Santiago de Compostela (USC) desde o ano 2008 e membro da Real Academia Galega de Ciencias desde o ano 2026. Desenvolve a súa actividade investigadora no Centro Interdisciplinar de Tecnoloxías Ambientais - CRETUS, fundamentalmente relacionada coa aplicación dos conceptos de avaliación do ciclo de vida, pegadas ambientais e economía circula rao desenvolvemento de produtos e procesos. Esta actividade deu lugar á supervisión de 32 teses de doutoramento, cuxos egresados atopánse traballando en diversas empresas e institucións. O impacto da actividade investigadora reflictese en máis de 400 publicacións (cun índice h = 75 -base de datos Scopus-), recoñecido en diversos rankings de investigación como pertencer ao 2% dos científicos máis citados do mundo segundo o denominado "Ranking Stanford" ou o ranking de investigadores españois do CSIC. O impacto social da actividade de investigación pode definirse segundo varios indicadores: (a) 272 citas en 190 documentos de estratexia política ambiental da Comisión Europea e de 25 países (Alemaña, Arxentina, Australia, Canadá, EE.UU., España, Francia, Irlanda, Nova Zelanda, Países Baixos, Reino Unido); (b) 40 contratos de I+D+i con empresas públicas e privadas; (c) 7 patentes (1 en explotación, en EE.UU.), 1 marca de garantía de calidade (pescaenverde, en explotación) recoñecidas pola Oficina Española de Patentes e Marcas, a Oficina Europea de Marcas e a Axencia de Patentes de EE.UU.; (d) Un xogo de mesa sobre a sustentabilidade da alimentación en licenza de explotación por McGraw Hill Destaca a súa actividade divulgadora en medios de comunicación, faladoiros e conferencias en centros de ensino secundario e universitario, así como en foros organizados por diversas institucións sociais.