Fachbereich: Departamento de Enxeñaría Agroforestal

Fakultät: Escola Politécnica Superior de Enxeñaría

Bereich: Agro-Forst-Technik

Forschungsgruppe: Proxectos e Planificación

Email: tomas.cuesta@usc.es

Persönliche Website: https://investigacion.usc.gal/investigadores/58721/detalle

Doktor von der Universidade de Santiago de Compostela mit der Dissertation Gestión y uso del agua en la zona regable del Valle de Lemos, Lugo 2001. unter der Leitung von Dr. Xan Xosé Neira Seijo.

Enxeñeiro Agrónomo pola Escuela Técnica Superior de Ingenieros Agrónomos (Universidad Politécnica de Madrid) en 1991, Doutor Enxeñeiro Agrónomo pola Universidade de Santiago de Compostela en 2001 e Diplomado en Docencia Universitaria polo Instituto de Ciencias de la Educación en 2005. Despois dun tempo na empresa privada, como proxectista e director de obra, incorporeime á universidade no ano 2003 como Profesor Titular da área de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade imparto docencia na área de Enxeñaría Agroforestal no grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, no grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural e no grao en Enxeñaría Civil. Membro do Grupo de Investigación “Proyectos y Planificación” da USC onde traballo na Xestión de Recursos hídricos, concretamente na xestión de augas residuais no eido rural, planificación de zonas regables e gobernanza da auga. Os resultados destes traballos publicáronse en diferentes revistas (SCI) como: Revista Brasileira de Ciência do Solo, Spanish Journal of Agricultural Research, Water Resources Management, Transactions of the ASABE, Biosystems, Agricultural Water Management ou Irrigation and Drainage e en outras publicacións científicas como: Spanish Journal of Rural Development, International Journal of Environmental and Rural Asia, Ingeniería municipal, Tecnología del Agua, Información Tecnológica e Riegos y Drenajes XXI.