ANGEL JOAQUIN
CONCHEIRO NINE
Profesor emérito de universidade
Institut: Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Fakultät: Facultade de Farmacia
Institut: Instituto de Materiais
Strategische Gruppierung von I+D+i: Agrupación Estratéxica en Materiais (AEMAT)
Bereich: Pharmazie und pharmazeutische Technologie
Forschungsgruppe: I+D en formas de dosificación e sistemas de liberación de medicamentos
Email: angel.concheiro@usc.es
Doktor von der Universidade de Santiago de Compostela mit der Dissertation Bioinequivalencias en medicamentos de velocidad de eliminación lenta y baja solubilidad estudio con formas orales de espironolactona 1981. unter der Leitung von Dr. José Luis Vila Jato, Dr. Matías Llabrés Martínez.
Doktor von der Universidade de Santiago de Compostela mit der Dissertation Absorciometrías en disolventes no acuosos 1976. unter der Leitung von Dr. Francisco Bermejo Martínez.
Angel Concheiro é licenciado e doutor en Ciencias Químicas (1976) e Farmacia (1981) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Foi profesor Titular de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica desde 1983 a 1988, e é Catedrático desde 1988. É membro do grupo I+DFarma da USC, recoñecido como Grupo de Referencia Competitiva pola Xunta de Galicia, en sucesivas convocatorias desde 2007 (http://idfarmausc.es/). Ocupa o posto 10 na clasificación h- index da área de Farmacoloxía e Farmacia en España (https://grupodih.info/salud.html#PHARMACOLOGY&PHARMACY). Conta con 7 sexenios de investigación e 1 sexenio de transferencia. A súa investigación céntrase no deseño e a avaliación de sistemas avanzados de administración de fármacos, utilizando armazóns e hidrogeles poliméricos intelixentes e de impresión molecular e estratexias bioinspiradas. As súas liñas de traballo inclúen o desenvolvemento de produtos sanitarios que actúen como plataformas de cesión sostida de fármacos (produtos combinados) e de scaffolds poliméricos 2D e 3D para medicina regenerativa. Coautor de +350 artigos en revistas indexadas, 30 capítulos de libros, varias contribucións en revistas non indexadas e máis de 365 comunicacións a congresos, e coeditor de Smart Materials for Drug Delivery da Royal Society of Chemistry UK (2013) e Handbook of Molecularly Imprinted Polymers de Smithers Rapra Publisher UK (2013). Coautor de 17 patentes rexistradas pola USC e participación activa en proxectos de valorización ( Innocash e MindTheGap). Revisor de máis de 30 revistas indexadas e avaliador de proxectos para axencias españolas, europeas, americanas e asiáticas. Dirixiu 26 Tese de Doutoramento (17 delas en programas con Mención de Calidade, 11 recibiron o premio extraordinario de doutoramento e 14 Mención Europea ou Internacional) e +70 traballos de investigación supervisados, Tese de Grao e Máster, e actualmente supervisa outras 3 Teses Doutorais. Foi responsable da estancia de investigadores estranxeiros pre e postdoutorais. Presidente do Comité de Avaliación de Medicamentos Veterinarios da AEMPS e experto da Axencia Europea de Medicamentos (EMA). Presidente da Real Academia de Farmacia de Galicia (desde 2022).