CONCEPCION VIRTUDES
CABRILLANA LEAL
Catedrática de universidade
Institut: Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Fakultät: Facultade de Filoloxía
Bereich: Lateinische Philologie
Forschungsgruppe: Estudos Clásicos e Medievais
Email: concepcion.cabrillana@usc.es
Persönliche Website: https://concepcioncabrillana.academia.edu
Doktorin von der Universidad de Sevilla mit der Dissertation Orden de palabras en Cicerón "ad atticum", I 1991. unter der Leitung von Dr. José Antonio Correa Rodríguez.
Concepción Cabrillana estudou na Universidade de Sevilla, onde se licenciou en 1985 e onde obtivo o doutoramento en 1991. Actualmente é Catedrática de Filoloxía Latina na Universidade de Santiago de Compostela. A súa investigación céntrase na sintaxe, a semántica e a pragmática de diversos tipos de verbos, e en especial nos de estado e existencia; nesa área publicou unha monografía o verbo "sum" (2010). A profesora Cabrillana foi Visiting Scholar nas Universidades de Ámsterdam, Oxford (Wolfson College) e Lieja e colaborou en proxectos de investigación internacionais como a "New Historical Syntax of Latin" (2009-2011). Nestes momentos examina tamén diversos aspectos da sintaxe dos casos, a subordinación, a orde de constituíntes, as partículas e a función e características da predicación secundaria en latín. Outras liñas da súa investigación céntranse na literatura latina (comedia), o latín vulgar e tardío, os escritos latinos de Tomás Moro —campos nos que publicou diversos traballos— e a edición crítica e tradución de textos latinos (Terencio [2006], Tácito [2007], Tomás Moro [2012, 2018, 2020]). En xuño de 2022 fur nomeada Membro do "International Commitee of Latin Linguistics" (http://web.philo.ulg.ac.be/cill/en/) e recentemente editou unha obra con contribucións internacionais ("Recent Trends and Findings in Latin Linguistics. Vol. I. Syntax, Semantics and Pragmatics; Vol. II. Semantics and Lexicography. Discourse and Dialogue", Boston/Berlin, De Gruyter, 2024).