
ALBERTO JOSE
BUGARIN DIZ
Catedrático de universidade
Fachbereich: Departamento de Electrónica e Computación
Fakultät: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Einzigartiges Zentrum : Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS)
Bereich: Informatik und künstliche Intelligenz
Forschungsgruppe: Grupo de Sistemas Intelixentes
Email: alberto.bugarin.diz@usc.es
Persönliche Website: https://citius.gal/team/alberto-jose-bugarin-diz
Doktor von der Universidade de Santiago de Compostela mit der Dissertation Soluciones para la computación eficiente en sistemas basados en lógica borrosa 1994. unter der Leitung von Dr. Senén Barro.
Son Catedrático de Universidade na área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e coodinador do Grupo de Sistemas Intelixentes (GSI), recoñecido como grupo de referencia competitiva da Xunta de Galicia dende 2006. As miñas liñas de investigación céntranse en diferentes áreas da intelixencia artificial e as súas aplicacións, coma a xeración de linguaxe natural (sistemas “Data-To-Text”), a computación flexible (“soft computing”), a aprendizaxe automática e a representación do coñecemento e razoamento aproximados. Son coautor de case 200 traballos científicos nos ditos temas e teño participado en mais de 40 proxectos de I+D e contratos de innovación e transferencia, sendo investigador principal en 18 deles. Tamén teño participado en proxectos de divulgación científica e outras, e son membro de diversas redes temáticas de investigación. Fun Subdirector da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC (ETSE) e na actualidade son vocal da Xunta Directiva da Asociación Española para a Intelixencia Artificial (AEPIA) e membro do comité organizador da “24th European Conference on Artificial Intelligence (ECAI),” que tivo lugar en Santiago de Compostela e online do 29 de agosto ao 8 de setembro de 2020.