Institut: Departamento de Ciencia Política e Socioloxía

Fakultät: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais

Bereich: Wissenschaft der Politik und der Verwaltung

Forschungsgruppe: Rede de investigación en igualdade, dereitos e Estado social

Email: a.alonso@usc.es

Persönliche Website: https://sites.google.com/site/albaalonsoalvarez/home

Doktorin von der Universidade de Santiago de Compostela mit der Dissertation El Mainstreaming de género en España Cronología, instrumentos e impacto en las políticas finales 2013. unter der Leitung von Dr. Marta Irene Lois González.

Son Profesora Titular da Facultade de Ciencias Políticas da USC. Obtiven o meu doutoramento en Ciencias Políticas pola USC en 2013, cun traballo sobre a transversalidade de xénero en España que foi recoñecido, entre outros, co Premio á Mellor Tese Doutoral da Asociación Española de Ciencia Política (ex-aequo). Durante a miña traxectoria académica formei parte de múltiples equipas de investigación nacionais e internacionais. Actualmente, son integrante da Rede Armela de Investigación en Igualdade, Dereitos e Estado Social. Disfrutei de sendos contratos pre (2009-2011) e post-doutorais (2014-2016) que me permitiron realizar estancias de investigación en University of Edinburgh, Vrije Universiteit Brussel e Washington State University. Tamén colaborei como consultora externa cunha multiplicidade de institucións, incluindo o Instituto Europeo para a Igualdade de Xénero da Comisión Europea e a Mesa de Xénero e Universidades do Ministerio de Universidades. As miñas principais liñas de investigación abordan a implementación das políticas de igualdade, a análise do federalismo e as dinámicas territoriais dende a perspectiva de xénero, a promoción da igualdade no ámbito científico e a dereita radical e os movementos anti-feministas.