Institut: Departamento de Xeografía

Fakultät: Facultade de Xeografía e Historia

Interuniversitäres Forschungszentrum: Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC)

Bereich: Regionale geografische Analyse

Forschungsgruppe: Territorio e Ambiente

Email: joseantonio.aldrey@usc.es

Doktor von der Universidade de Santiago de Compostela mit der Dissertation Xeografía social e da poboación na metade sur da provincia de A Coruña unha análise a diferentes escalas 2003. unter der Leitung von Dr. Rubén Camilo Lois González.

José Antonio Aldrey Vázquez é Doutor Europeo en Xeografía pola Universidade de Santiago de Compostela (2003), onde se licenciou con Premio Extraordinario de Licenciatura e de Fin de Carreira en 1995. É, ademais, Experto en Sistemas de Información Xeográfica pola Universidade Internacional de Andalucía (2005). As súas principais liñas de traballo son as relacionadas cos aspectos demográficos aplicados á ordenación do territorio; a ordenación territorial para o desenvolvemento local (cooperación internacional); e, a elaboración de metodoloxías, e a súa aplicación en diversos municipios da xeografía galega, para a petición de Áreas de Rehabilitación Integral. Profesor Titular de Análise Xeográfica Rexional na Universidade de Santiago de Compostela desde 2010. Con anterioridade foi profesor de Xeografía nesa mesma universidade e na Pablo de Olavide (Sevilla), León, Cantabria e Autónoma de Madrid. Realizou estancias docentes e investigadoras no University College Cork (Irlanda), na Faculty of Social Sciences en Bergen (Noruega) e na Universidade do Minho (Portugal). Imparte clases en numerosos Cursos de Posgrao e Máster, entre os que destacan o Máster en Planificación Territorial e Xestión Ambiental da Universidade de Barcelona; o Curso Superior de Urbanismo da Escola Galega de Administración Pública; o Posgrao de Arquitectura da Paisaxe da Fundación Juana de Veiga-USC-UDC; e na Universidade de Santiago de Compostela na aula de Renovación e Rehabilitación Urbana; no Máster de Enxeñaría Ambiental; o de Xestión Integral do Patrimonio Cultural; e o Posgrao en Ordenación e desenvolvemento Territorial, entre outros. Conta con máis de 150 publicacións entre libros, artigos e contribucións a congresos, editados en varios países.