JOSE ANTONIO
ALDREY VAZQUEZ
Profesor titular de universidade
Departamento: Departamento de Xeografía
Facultad: Facultade de Xeografía e Historia
Centro de Investigación Interuniversitario: Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC)
Área: Análise Xeográfica Rexional
Grupo de investigación: Territorio e Ambiente
Correo: joseantonio.aldrey@usc.es
Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Xeografía social e da poboación na metade sur da provincia de A Coruña unha análise a diferentes escalas 2003. Dirixida por Dr. Rubén Camilo Lois González.
José Antonio Aldrey Vázquez é Doutor Europeo en Xeografía pola Universidade de Santiago de Compostela (2003), onde se licenciou con Premio Extraordinario de Licenciatura e de Fin de Carreira en 1995. É, ademais, Experto en Sistemas de Información Xeográfica pola Universidade Internacional de Andalucía (2005). As súas principais liñas de traballo son as relacionadas cos aspectos demográficos aplicados á ordenación do territorio; a ordenación territorial para o desenvolvemento local (cooperación internacional); e, a elaboración de metodoloxías, e a súa aplicación en diversos municipios da xeografía galega, para a petición de Áreas de Rehabilitación Integral. Profesor Titular de Análise Xeográfica Rexional na Universidade de Santiago de Compostela desde 2010. Con anterioridade foi profesor de Xeografía nesa mesma universidade e na Pablo de Olavide (Sevilla), León, Cantabria e Autónoma de Madrid. Realizou estancias docentes e investigadoras no University College Cork (Irlanda), na Faculty of Social Sciences en Bergen (Noruega) e na Universidade do Minho (Portugal). Imparte clases en numerosos Cursos de Posgrao e Máster, entre os que destacan o Máster en Planificación Territorial e Xestión Ambiental da Universidade de Barcelona; o Curso Superior de Urbanismo da Escola Galega de Administración Pública; o Posgrao de Arquitectura da Paisaxe da Fundación Juana de Veiga-USC-UDC; e na Universidade de Santiago de Compostela na aula de Renovación e Rehabilitación Urbana; no Máster de Enxeñaría Ambiental; o de Xestión Integral do Patrimonio Cultural; e o Posgrao en Ordenación e desenvolvemento Territorial, entre outros. Conta con máis de 150 publicacións entre libros, artigos e contribucións a congresos, editados en varios países.