Departamento: Departamento de Ciencias da Comunicación

Facultad: Facultade de Ciencias da Comunicación

Instituto: Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA)

Área: Xornalismo

Grupo de investigación: Novos Medios (Tendencias, Cibermedios, Impresos)

Correo: angel.vizoso@usc.es

Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Modelos de produción e perfís profesionais para a infografía multimedia en medios de comunicación 2021. Dirixida por Dr. Xosé López García, Dr. Xosé Pereira Fariña.

Profesor Axudante Doutor do Departamento de Ciencias da Comunicación. Graduado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Marketing, Consultoría e Comunicación Política e Doutor en Comunicación e Información Contemporánea pola mesma institución. Entre 2018 e 2021 investigador en formación no marco das Axudas para a Formación de Profesorado Universitario (FPU) do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, cunha de investigación na Universidade NOVA de Lisboa. As miñas liñas de investigación de investigación están centradas no estudo da visualización da información, os cambios nos perfís profesionais con motivo da incorporación dos medios de comunicación aos novos soportes informativos e a verificación da información.