PATRICIA
LOPEZ SANCHEZ
Investigadora contratada Ramón y Cajal
Institut: Instituto de Materiais
Strategische Gruppierung von I+D+i: Agrupación Estratéxica en Xestión e Produción sustentable de Biorrecursos (BioReDes)
Bereich: Lebensmitteltechnologie
Forschungsgruppe: Analise sensorial, avaliación nutricional e desenrolo de novos alimentos
Email: patricialopez.sanchez@usc.es
Doktorin von der Chalmers University of Technology mit der Dissertation Microstructure and rheological properties of plant particle suspensions prepared using different physical treatments 2011. unter der Leitung von Dr. Maud Langton, Dr. Stephan Schumm.
A doutora Patricia López Sánchez uniuse á área de Tecnoloxía dos Alimentos no departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía como investigadora Ramón y Cajal en maio de 2022. A Dra. López Sánchez desenvolveu a súa carreira en industria e en centros de I+D. Traballou como investigadora corporativa en Unilever R&D, Países Baixos (2003-2011); investigadora postdoutoral The University of Queensland, Australia (2012-2016); investigadora postdoutoral Swedish University of Agricultural Sciences SLU, Uppsala, Suecia (2016); investigadora senior e líder da área de ciencia de materiais alimenticios en Research Institutes of Sweden RISE (2017-2020); investigadora senior/docent na Chalmers University of Technology, Suecia (2020-2022). Os seus intereses de investigación céntranse na relación entre a estrutura (a diferentes escalas) e as propiedades tecnofuncionais e nutritivas das moléculas derivadas de plantas e algas, como os polisacáridos (fibra dietética) e as proteínas. Os coñecementos xerados sobre as propiedades estruturais utilízanse para deseñar ingredientes e produtos con propiedades sensoriais (textura, sabor) e nutricionais melloradas, así como biomateriais. O seu campo de investigación implica o uso de técnicas espectroscópicas, microscópicas e reoloxía.