Departamento: Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía

Facultade: Facultade de Veterinaria

Agrupación estratéxica de I+D+i: Agrupación Estratéxica en Xestión e Produción sustentable de Biorrecursos (BioReDes)

Área: Tecnoloxía de Alimentos

Grupo de investigación: Analise sensorial, avaliación nutricional e desenrolo de novos alimentos

Correo el.: patricialopez.sanchez@usc.es

Doutora pola Chalmers University of Technology coa tese Microstructure and rheological properties of plant particle suspensions prepared using different physical treatments 2011. Dirixida por Dr/a. Maud Langton, Dr/a. Stephan Schumm.

A doutora Patricia López Sánchez uniuse á área de Tecnoloxía dos Alimentos no departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía como investigadora Ramón y Cajal en maio de 2022. A Dra. López-Sánchez desenvolveu a súa carreira en industria e en centros de I+D como investigadora corporativa en Unilever R&D, Países Baixos (2003-2011); investigadora postdoctoral The University of Queensland, Australia (2012-2016); investigadora postdoctoral Swedish University of Agricultural Sciences SLU, Uppsala, Suecia (2016); investigadora senior e líder da área de ciencia de materiais alimenticios en Research Institutes of Sweden RISE (2017-2020); investigadora senior/profesora titular (docent) na Chalmers University of Technology, Suecia (2020-2022). Os seus intereses de investigación céntranse na relación entre a estrutura (a diferentes escalas) e as propiedades tecnofuncionais e nutritivas das moléculas derivadas de plantas e algas, como os polisacáridos (fibra dietética) e as proteínas. Os coñecementos xerados sobre as propiedades estruturais utilízanse para deseñar ingredientes e produtos con propiedades sensoriais (textura, sabor) e nutricionais melloradas, así como biomateriais. O seu campo de investigación implica o uso de técnicas espectroscópicas, microscópicas e reoloxía.