Institut: Departamento de Electrónica e Computación

Einzigartiges Zentrum: Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS)

Bereich: Informatik und künstliche Intelligenz

Forschungsgruppe: Grupo de Sistemas Intelixentes

Email: juanantonio.corrales@usc.es

Persönliche Website: https://citius.gal/team/juan-antonio-corrales-ramon

Doktor von der Universitat d'Alacant / Universidad de Alicante mit der Dissertation Safe human-robot interaction based on multi-sensor fusion and dexterous manipulation planning 2011. unter der Leitung von Dr. Fernando Torres Medina, Dr. Francisco A. Candelas Herías.

Juan Antonio Corrales obtivo o título de Enxeñeiro en Informática da Universidade de Alacante (España) en 2005. Recibiu o título de Doutor en Automática e Robótica da Escola Politécnica Superior, Universidade de Alacante (España) en 2011. De 2006 até 2011 traballou como doutorando (programa FPU) na Universidade de Alacante. De 2012 até 2014 traballou na UPMC - Université Pierre et Marie Curie (France) e no ISIR - Institut des Systémes Intelligents et de Robotique (France). Dende 2014 até 2020 traballou como profesor titular de universidade na Escola Superior de Enxeñeiros Sigma Clermont (Clermont-Ferrand, France) onde impartiu cursos en automática, programación e control de robots e foi investigador do laboratorio Institut Pascal, no eixo ISPR e o equipo MACCS. Participou en varios proxectos nacionais e internacionais con aplicacións industriais: FUN Aerostrip, H2020 Bots2Rec, Sudoe Commandia, H2020 SoftManBot e H2020 ACROBA. Actualmente é investigador posdoutoral do Programa "Beatriz Galindo" na Universidade de Santiago de Compostela e o laboratorio CiTIUS. Os seus centros de interese en investigación inclúen a interacción home-robot e a manipulación robótica.