Centro de Investigación Interuniversitario: Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC)

Área: Historia Contemporánea

Grupo de investigación: Historia agraria e política do mundo rural. Séculos XIX e XX

Correo el.: stefania.barca@usc.es

Web persoal: https://histagra.usc.es/en/persoas/59/stefania-barca

Stefania Barca é Investigadora Distinguida “Beatriz Galindo” sénior do departamento de Historia da USC. Orixinaria de Italia, onde foi profesora asociada en Historia Moderna (2014) e en Historia Económica (2013), entre 2009 e 2021 traballou como investigadora senior no Centro de Estudos Sociais (CES) da Universidade de Coimbra. (Portugal), onde desempeñou diversos cargos de liderado investigador e supervisou investigacións de doutoramento e posdoutoral. Anteriormente, foi investigadora visitante no Programa de Estudos Agrarios da Universidade de Yale (2005-06), e recibiu bolsas sabáticas nas Universidades de Berkeley (2006-08) e Lund (2015-16); máis recentemente, foi a cuarta profesora “Zennstrom” en Liderado do Cambio Climático na Universidade de Uppsala (2021). Os seus intereses de investigación radican na Historia do Medio Ambiente e a Ecoloxía Política, con foco na era industrial. Investigou a enerxía hidráulica e a elaboración de paisaxes industriais (s. XVIII-XX); mobilizacións ambientais (campesiñas, indíxenas e obreiras) en Italia, Brasil e Portugal dende os anos 70 ata a actualidade; e investiga na actualidade a Transición Xusta desde unha perspectiva feminista, con especial atención ao traballo de coidados. Publicou amplamente en revistas internacionais revisadas por pares; a súa monografía Enclosing Water. Nature and Political Economy in a Mediterranean Valley (Cambridge, Reino Unido: White Horse Press 2010), foi galardoada co Turku Book Prize en 2011; o seu último libro Forces of Reproduction foi publicada pola Cambridge University Press en 2020. É activa en redes feministas, de xustiza climática e de decrecemento, e o seu traballo foi traducido e difundido en varios idiomas.