Departamento: Departamento de Xeografía

Facultad: Facultade de Humanidades

Instituto: Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA)

Universidad: Universidade de Santiago de Compostela

Área: Xeografía Humana

Grupo de investigación: ANTE Análise territorial

Correo: mariaines.gusmancorreia@usc.es

Web persoal: https://www.linkedin.com/in/inesgusman/

Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese A valorização cultural e económica das identidades dos territórios o caso de estudo do norte de Portugal 2021. Dirixida por Dr. Rubén Camilo Lois González, Dr/a. José Alberto Rio Fernandes.

Inês Gusman é profesora no Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela (USC), na Facultade de Humanidades (Campus Vida) e directora da Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia–Norte de Portugal (Fundación CEER). É doutora en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica pola USC, conta cun máster en Planificación e Xestión Territorial e cun grao en Economía pola Universidade do Minho. A súa investigación céntrase principalmente na cooperación transfronteiriza e intermunicipal, nas dinámicas fronteirizas, nas identidades territoriais e na xestión do patrimonio cultural. Ten participado en proxectos de investigación de carácter competitivo e publicado numerosos artigos en revistas científicas e capítulos de libro.O seu traballo académico inclúe colaboracións con investigadores e investigadoras de diferentes universidades de Portugal e España, así como de Brasil, Chile, Gales e outros contextos internacionais.