Departamento: Departamento de Pedagoxía e Didáctica

Facultade: Facultade de Ciencias da Educación

Área: Teoría e Historia da Educación

Grupo de investigación: Pedagoxía Social e Educación Ambiental

Correo el.: julio.conde@usc.es

Web persoal: https://biogroup.usc.es/users/julio-conde

Doutor pola Universidad Complutense de Madrid coa tese Electrospray deposition of superhydrophobic carbon-based layers application in proton exchange membrane fuel cells 2019. Dirixida por Dr/a. María Paloma Ferreira Aparicio, Dr/a. Antonio Alfonso Martínez Chaparro.

Julio Conde estudou Enxeñaría Química na USC, Máster en Electroquímica na UAM e Doutor en Enxeñaría Química na UCM. A súa tese doutoral céntrase no estudo do electrospray como técnica de fabricación de electrodos e no efecto da hidrofobicidade no rendemento das pilas de combustible. En outubro de 2019 presentou a súa tese: “Electrospray deposition of superhydrophobic carbon-based layers: application in proton exchange membrane fuel cells”, obtendo un excelente cum laude. Con anterioridade, traballou como investigador na Unidade de Pilas de Combustible do CIEMAT (Madrid) durante 3 anos e durante case dous anos como técnico de I+D no Centro Tecnolóxico CETIM (A Coruña). Julio ten un perfil investigador multidisciplinar, eminentemente centrado na electroquímica combinada con coñecementos específicos en ciencia de materiais, economía circular e avaliación ambiental.