Oferta científica

  • Caracterización estrutural de compostos anfifílicos a través de potencial de superficie (carga superficial), microscopía de ángulo de Brewster (BAM) e fluorescencia
  • Comportamento superficial de liposomas, nanopartículas e doutros sistemas de administración de medicamentos
  • Estudo da actividade superficial de tensoactivos baixo diferentes condicións
  • Estudo da penetración de substancias hidrosolúbeis en monocapas estendidas na interface ar/auga (cinéticas de adsorción a membranas, mecanismos de internalización celular)
  • Estudo molecular e termodinámico da interacción de fármacos, macromoléculas e outras substancias bioactivas con biomembranas e outros coloides de agregación (micelas, vesículas) usados como sistemas de liberación de fármacos
  • Estudos termodinámicos de miscibilidade superficial en sistemas multicomponente; diagramas de fases superficiais
  • Obtención de monocapas de tensoactivos e macromoléculas sobre substratos sólidos (filmes de Langmuir-Blodgett e Langmuir-Schaeffer) para posterior análise instrumental (microscopía, espectroscopía, etc.)
  • Utilización da técnica de monocapas como modelo da membrana celular