Dende a produción á panificación do trigo galego 'Caaveiro' en cultivo ecolóxico vs. convencional

  1. Mª Ángeles Romero Rodríguez coord.
  2. Santiago Pereira Lorenzo coord.

Editorial: Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvimento Rural (IBADER) ; Universidad de Santiago de Compostela

Año de publicación: 2022

Tipo: Libro

Resumen

No marco da produción sostible e a alimentación segura preséntase esta monografía que resulta dun estudo multidisciplinar no que participaron investigadores procedentes de diferentes áreas de coñecemento (Anatomía, Bioloxía Funcional, Economía, Socioloxía e Política Agraria, Edafoloxía, Nutrición e Bromatoloxía, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría, Tecnoloxía dos Alimentos e Zooloxía). Esta monografía avalía dende a produción de trigo autóctono galego (variedade ‘Caaveiro’) en ecolóxico vs. convencional, ata a obtención de fariñas e a panificación e control dos produtos finais. Ademais, permite afondar no coñecemento do efecto do sistema de cultivo a diferentes niveis nun campo cada vez mais demandado como é o de produtos de proximidade e ecolóxicos. Esta monografía avalía dende a produción de trigo autóctono galego (variedade ‘Caaveiro’) en ecolóxico vs. convencional, ata a obtención de fariñas e a panificación e control dos produtos finais. Ademais, permite afondar no coñecemento do efecto do sistema de cultivo a diferentes niveis nun campo cada vez mais demandado como é o de produtos de proximidade e ecolóxicos.