A trajetória de Caetano Veloso no campo cultural brasileiro da segunda metade do século XX

  1. Leira Lugrís, María Jesús
Dirixida por:
  1. M. Carmen Villarino Pardo Director
  2. Carme Fernández Pérez-Sanjulián Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 14 de abril de 2023

Tribunal:
  1. John Patrick Thompson Presidente/a
  2. Goretti Sanmartín Rei Secretario/a
  3. J. Carlos Quiroga Díaz Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 799945 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Nesta tese estúdase a traxectoria de Caetano Veloso no espazo social brasileiro da segunda metade do século XX, tendo en conta a súa posición central no campo musical. A hipótese de partida foi a de que o compositor é tamén unha referencia para entender na actualidade tanto a cultura, como certas cuestións relativas ao espazo social brasileiro; máis do que un músico, é un dos axentes destacados do campo cultural no Brasil, un activista político e social, que vai ocupando diferentes posicións ao longo da súa traxectoria. Para demostralo, analízanse o espazo social, os diferentes campos culturais, a traxectoria de Veloso e a recepción crítica da súa produción, así como as dinámicas en que esta se insire. A partir da revisión de toda a súa produción (composicións, entrevistas, material audiovisual, etc.) son avaliadas as diferentes tomas de posición de Veloso e, tamén, as lecturas críticas e o impacto da súa traxectoria a nivel nacional e internacional. Finalmente, constátase que a consagración de Veloso no campo académico e cultural é produto do seu traballo intelectual, do seu elevado nivel de profesionalismo e da reflexión continua sobre o espazo social, a identidade do Brasil e os diversos campos culturais.