Evaluación de la presencia de residuos de fármacos en aguas de pozos y explotaciones lecheras

  1. Veiga Martínez, María
Dirixida por:
  1. Carlos Manuel Franco Abuín Director
  2. Carolina Nebot Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 19 de decembro de 2022

Tribunal:
  1. Soledad Muniategui Lorenzo Presidente/a
  2. Cristina A. Fente Sampayo Secretaria
  3. Begoña Espiña Barbeitos Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía

Tipo: Tese

Resumo

A continua liberación de substancias farmacolóxicas no medio ambiente, principalmente a través de plantas depuradoras de augas residuais e a aplicación de xurros coma abono de campos de cultivo, deu lugar á presenza destas substancias activas no medio acuático. Na última década, publicáronse numerosos traballos que proban a entrada e a presenza destas substancias activas no ciclo da auga de medio mundo. A escaseza de datos de concentración destas substancias nas augas galegas empregadas na produción animal, así como augas de uso privado, poñen de manifesto a necesidade de investigar a situación en Galicia. Polo tanto, o obxectivo desta tese doutoral é a avaliación da presenza de residuos de substancias farmacolóxicas en augas empregadas tanto na produción de leite coma en augas de pozos privados da comunidade galega, para poder realizar unha primeira estimación do risco derivado do consumo destas augas. A técnica analítica seleccionada foi HPLC-MS/MS xa que permite identificar e cuantificar simultaneamente un gran número de substancias de diferentes grupos terapéuticos de maneira sensible, selectiva e rápida. Tomáronse un total de 292 mostras, das cales, 52 pertencían ás salas de muxido, 122 a bebedeiros de vacas leiteiras e 118 de pozos privados. O 39% das mostras analizadas foron positivas para polo menos un dos 23 fármacos investigados, en concreto, detectouse máis dun fármaco no 29% das mostras de salas de muxido, 13% de bebedeiros e 16% das augas de pozo. Independentemente da orixe da auga, rede municipal ou subterránea, os fármacos detectados con maior frecuencia e a concentracións máis elevadas foron os antimicrobianos, seguido dos coccidiostáticos. As condicións climatolóxicas, en concreto, as precipitacións acumuladas, influíron na frecuencia da detección de sustancias farmacolóxicas nas mostras de auga subterránea. Tamén observouse un maior número de mostras positivas nas zonas de maior número de cabezas de gando na provincia de Lugo. As augas da limpeza das salas de muxido presentaron baixos niveis de substancias farmacolóxicas, as cales, por un efecto de dilución co leite non suporían un problema de saúde pública. Este traballo pon de manifesto que tanto os humanos como as vacas leiteiras consumían de maneira inesperada un ou varios fármacos, a baixas concentracións (ng/L), en algunha ocasión, de diferentes grupos terapéuticos. Aínda que son necesarios máis estudos, o consumo continuado de antimicrobianos pode dar lugar á modificación da microbiota intestinal, reaccións en persoas alérxicas ou sensibles, desenvolvemento de bacterias con xenes de resistencia, ademais de interaccionar con outros fármacos administrados ou inxeridos. No caso de humans, obtívose un risco potencial para nenos e adultos derivado da presenza de antimicrobianos na auga subterránea, en concreto, sulfapiridina e sulfametizol