La enseñanza del español a rusohablantes por medio de interacciones profesionales simuladas (role-play)el análisis del conflicto comunicativo e intercultural y su relación con la prosodia y el gesto

  1. Sarymsakova, Albina
Dirixida por:
  1. Esperanza Morales López Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 11 de novembro de 2022

Tribunal:
  1. Miguel Cuevas Alonso Presidente/a
  2. Gabriela Prego Vázquez Secretaria
  3. Barbara De Cock Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 745393 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O obxectivo principal desta investigación foi elaborar unha proposta didáctica integradora para a adquisición de aspectos discursivos, prosódicos e xestuais no rexistro formal do castelán como L2 por parte do alumnado de lingua rusa, mediante a técnica do xogo de rol. A través da análise contrastivo-comparativa de situacións profesionais simuladas gravadas en vídeo, recollidas en dous corpus, un de falantes nativos de Galicia, e outro de estudantes rusos, o meu obxectivo foi o estudo dos trazos discursivos, argumentativos, prosódicos e xestuais para coñecer a súa articulación conxunta en datos de interacción; e, dende aquí, poder facilitar a súa adquisición aos aprendices rusos a través do material didáctico creado especificamente para esta investigación. Para tal fin, tamén presento unha ferramenta informática que ofrece a realización de tres análises de entoación diferentes a partir de audios de falantes nativos e aprendices de español, co fin de achegar información sobre a semellanza da pronuncia. Por todo isto apliquei o enfoque teórico-metodolóxico dos estudos de complexidade que inclúe diferentes perspectivas sobre a análise acústica, a análise discursiva e a análise xestual para acadar resultados holísticos sobre o papel da interacción destes tres niveis na construción do significado semántico-pragmático pola parte dos nosos informantes.