Valle-Inclán en la óperaproblemas de traducción intersemiótica

  1. Méndez Romeu, Jose Luis
Dirixida por:
  1. José-María Paz-Gago Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 15 de outubro de 2021

Tribunal:
  1. Dario Villanueva Prieto Presidente
  2. Rosa Eugenia Montes Doncel Secretario/a
  3. Magdalena Cueto Pérez Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 681993 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A tese anexa estuda os problemas de tradución das obras de Valle-lnclán á linguaxe operística, a medio da súa manifestación literaria, o libreto. O estudo comparativo entre os textos orixinais de Valle-lnclán e os libretos, ten en consideración os cambios introducidos na diéxese, na intriga ou nos personaxes, comprobando converxencias e diverxencias verbo das obras matrices. Ademais achéganse as críticas recibidas nas respectivas estreas, tanto mediáticas como académicas, así como os datos dispoñibles sobre o contexto social no que tivo lugar a estrea. Tamén, para cada obra, revísanse as principais liñas de interpretación propostas pala investigación académica. Para situar os libretos estudados no marco literario, previamente revisase a evolución histórica do libreto así como a do propio xénero operístico, unha manifestación moderna da síntese de palabra e música, constante na historia. A investigación fixa definitivamente o corpus dos libretos baseados na obra de D. Ramón, as súas características e localización. A investigación ratifica o cambio de sentido que, en tódolos casos, con máis ou menos intensidade, ten lugar no proceso de transposición a outra linguaxe.