Detection of cannabis and psychotropic drug use by nail analysis. Comparison with hair
- Manuel López-Rivadulla Lamas Director
- Elena Lendoiro Belío Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 05 de maio de 2021
- José Benito Quintana Álvarez Presidente
- Fernando Gil Hernández Secretario/a
- Marta Concheiro Guisán Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Na presente tese desenvolvéronse catro métodos analíticos para a detección de substancias en mostras de pelo e uñas mediante cromatografía líquida acoplada a espectrometría de masas en tándem (LC-MS/MS). Concretamente, desenvolvéronse e validáronse dous métodos para a determinación de seis compostos cannabinoides, un en mostras de pelo e outro en mostras de uñas; un método para a determinación de cinco fármacos antipsicóticos en mostras de pelo e uñas; e un método para a determinación de doce fármacos antidepresivos e benzodiacepinas en mostras de pelo e uñas. Ademais, recolléronse mostras emparelladas de pelo, uñas das mans e uñas dos pés de consumidores crónicos de cannabis e pacientes a tratamento crónico cos fármacos do estudo, e analizáronse cos métodos desenvolvidos. Os resultados obtidos foron comparados nas dúas matrices e coa bibliografía dispoñible ata a data.