Cisgenerismo, homofobia y transfobiala escuela como espacio de reproducción de discursos discriminatorios

  1. Amigo Ventureira, Ana M.
Dirixida por:
  1. Montserrat Durán-Bouza Co-director
  2. Renée DePalma Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 21 de outubro de 2020

Tribunal:
  1. María Victoria Carrera Fernández Presidente/a
  2. Jorge García Marín Secretario
  3. Jaime Barrientos Delgado Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 639053 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

As persoas do colectivo LGBT+ víronse historicamente discriminadas por un sistema heteronormativo que non concibe ningunha opción que se salga dos límites establecidos. Esta exclusión social vólvese particularmente perigosa na etapa da adolescencia e a mocidade, na que o acoso escolar xoga un papel relevante. Os obxectivos principais deste traballo foron: por unha banda, a análise da actitude actual das docentes e futuras docentes da Comunidade Autónoma de Galicia de face á diversidade de xénero e a orientación afectivo-sexual; e polo outro, profundar na relación entre as diferentes características psicopatolóxicas avaliadas polo Symptom Assessment-45 Questionnaire e a homofobia e a transfobia. Para iso elaborouse un cuestionario, formado por tres test, que se aplicou a 1314 docentes e futuras docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. A través da análise dos resultados obtidos chegouse á conclusión de que a homofobia e a transfobia se atopan relacionadas coa masculinidade tóxica, a religiosidade e a orientación política, e a que as docentes en formación se atopanse máis sensibilizadas coa diversidade de xénero e orientación sexual que aquelas que están en activo.