Ecologías de aprendizaje en la formación de los futuros maestros

  1. Santos Caamaño, Francisco J.
Dirixida por:
  1. Mercedes González Sanmamed Director
  2. Pablo César Muñoz Carril Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 18 de novembro de 2019

Tribunal:
  1. María Paz Prendes Espinosa Presidente/a
  2. Oswaldo Lorenzo Quiles Secretario/a
  3. Fernando Albuquerque Costa Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 609098 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A presente investigación ten por principal obxectivo describir e analizar, desde a perspectiva da teoría ecolóxica da aprendizaxe, como aprenden os futuros mestres de educación primaria de Galicia no marco dos novos procesos, contextos e tecnoloxías que ao amparo da denominada Sociedade da Información e do Coñecemento deixan a súa pegada no desenvolvemento da súa identidade e coñecemento docente. Para este fin, procedeuse a desenvolver unha metodoloxía mixta, comezando cunha primeira fase cualitativa a través do método Delphi, coa participación de diversos expertos nacionais e internacionais, para dimensionar e establecer os principais compoñentes das ecoloxías de aprendizaxe citadas. Sobre esta base de coñecemento, procedeuse á segunda fase de indagación cuantitativa, que comprendeu o deseño dun instrumento empírico baseado no método de enquisa para a obtención de datos fiables e válidos sobre os participantes obxecto de estudo e, finalmente, a administración do cuestionario elaborado e a posterior análise estatística dos datos obtidos. Os resultados mostran un futuro mestre motivado, activo e dotado de múltiples recursos, que emprega estratexias modernas, especialmente de tipo colaborativo, para aproveitar as oportunidades que lle ofrecen non só os contextos formais tradicionais, senón tamén os non formais e informais; sendo posible todo iso grazas ás súas capacidades de autorregulación e autoxestión que lle abren camiño a outras aprendizaxes ao longo e ancho da vida. Un mellor aproveitamento dos recursos online e unha aposta máis clara pola creatividade son aspectos, con todo, que parecen necesitar de maior impulso para a mellora da súa formación docente.