Os cibermedios nos dispositivos móbilesanálise estrutural, formal e interpretativa das características que definen o produto informativo no novo soporte en catorce cabeceiras de referencia
- Xosé López García Director
- Manuel Gago Mariño Co-director
Defence university: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 31 January 2014
- Rosario de Mateo Pérez Chair
- Xosé Pereira Fariña Secretary
- José Rúas Araújo Committee member
- Francisco Campos Freire Committee member
- Carmen Costa Sánchez Committee member
Type: Thesis
Abstract
O título escollido para esta tese de doutoramento é “Os cibermedios nos dispositivos móbiles. Análise estrutural, formal e interpretativa das características que definen o produto informativo no novo soporte en catorce cabeceiras de referencia”. Propoñémonos estudar as webs móbiles e as apps móbiles de catorce xornais europeos e un máis dos Estados Unidos. Para levar a cabo este traballo de investigación establecemos unha comparativa entre a web e a app móbil de cada un dos medios estudados. Cremos preciso focalizar en tres perspectivas que exerceron unha gran influenza nos estudos das teorías da comunicación nos últimos anos –funcionalista e interpretativa- cunha formulación actual e coas achegas da perspectiva crítica, asociada principalmente ás contribucións feitas arredor do papel dos medios na sociedade.