Development of laser-induced fluorescence methods as a powerful tool for chromatographic analysis in food safety
- feás sánchez, xesús
- Alberto Cepeda Sáez Doktorvater
- Cristina A. Fente Sampayo Co-Doktormutter
Universität der Verteidigung: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 05 von März von 2007
- Pilar Bermejo Barrera Präsidentin
- Beatriz Isabel Vázquez Belda Sekretärin
- Graham Hungherfod Vocal
- Benito del Castillo García Vocal
- Aldo Roda Vocal
Art: Dissertation
Zusammenfassung
Dende a antigüidade existiu unha preocupación na protección dos consumidores e no comercio dos alimentos. A cuestión alimentaria ten relación directa sobre intereses diversos e até contrarios, o que deriva en que a definición do termo seguridade alimentaria se transforme nun espazo diverxente, e as cuestións relativas aos alimentos, un espazo de conflitos constantes. Existe seguridade alimentaria cando todas as persoas teñen en todo momento acceso físico e económico a suficientes alimentos inocuos e nutritivos para satisfacer as súas nececesidades alimentarias. Unha serie de crises relativas á alimentación humana e animal puxeron de manifesto os erros na concepción e aplicación da normativa alimentaria na Unión Europea. A presenza nos alimentos de contaminantes, e principalmente nos de orixe animal de residuos de medicamentos veterinarios, é na actualidade a maior preocupación dos consumidores, puidendo supoñer a súa existencia e uso, un risco para a saúde pública ou unha fraude económica. Un elemento fundamental en seguridade alimentaria pois, é asegurar a inocuidade dos alimentos. Para isto compre dispor de métodos analíticos sensibeis que aseguren a non presenza ou unha concentración por debaixo dos límites máximos residuas estabelecidos para substancias que o seu consumo poida supor un risco para a saúde. Os estudos levados a cabo no LHICA ao longo destes anos indícannos que existe unha relación clara entre a aparición de resistencias microbianas e a utilización de antimicrobianos na terapeutica ou produción animal. Por ilo, aínda que os métodos analíticos desenvolvidos no noso laboratorio xa alcanzan sen problemas os LMR recollidos na lexislación, cremos que débese seguir investigando para lograr diminuilos A fluorescencia, unha propiedade ben coñecida de certas moléculas, é unha das técnicas máis utilizadas en química analítica. Un dos potenciais das técnicas fluorescentes é a detección e cuantificación