Departamento: Departamento de Filosofía e Antropoloxía

Facultad: Facultade de Filosofía

Área: Filosofía

Grupo de investigación: Historia política e dos nacionalismos

Correo el.: jl.pastoriza@usc.es

Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Galeguismo, humanismo e desenvolvemento o pensamento militante de Xaime Isla Couto 2022. Dirixida por Dr. Marcelino Agís Villaverde.

Doutor en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Máster en Desenvolvemento Local pola USC e MSc NGOs and Development pola London School of Economics & Political Science. Membro do grupo de investigación HISPONA da USC, padroeiro da Fundación Isla Couto, membro da Cátedra de Memoria Histórica da UDC, experto do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (CONGACODE) e investigador asociado do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI). As súas áreas de investigación abranguen a filosofía galega, o nacionalismo galego e as súas redes durante a II República e o franquismo, a educación para a cidadanía global e a política pública de cooperación para o desenvolvemento. Nas súas publicacións ten contribuído á reconstrución das iniciativas político-culturais do galeguismo e ás biografías de Xaime Isla, Ramiro Isla, Chita Lamas Barreiro, Plácido Castro, Florencio Delgado Gurriarán, Camilo José Cela, Ramón Piñeiro ou Francisco Fernández del Riego. Entre 2012 e 2023 ten facilitado os procesos participativos de planificación estratéxica e avaliación da política pública de cooperación para o desenvolvemento da Xunta de Galicia.