CRISTINA
VARELA PORTELA
Profesora contratada doutora
Departamento: Departamento de Pedagoxía e Didáctica
Facultad: Facultade de Ciencias da Educación
Instituto: Instituto de Ciencias da Educación (ICE)
Área: Didáctica e Organización Escolar
Grupo de investigación: ESCULCA - Coñecemento e acción educativa
Correo: cristina.varela@usc.es
Web persoal: https://www.usc.es/esculca/
Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Delincuencia feminina e inmigración. Perfil socioeducativo e proposta de intervención centrada na competencia social 2015. Dirixida por Dra. María del Mar Lorenzo Moledo, Dr. Miguel Anxo Santos Rego.
Cristina Varela Portela é doutora en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén obtivo anteriormente a Licenciatura en Pedagoxía e o Diploma de Estudos Avanzados. Formou parte do programa FPU (Formación do Profesorado Universitario) da Consellería de Educación entre os anos 2010 - 2014. Actualmente traballa como Contratada Doutora na Universidade de Santiago de Compostela na área de Didáctica e Organización Escolar dentro do Departamento de Pedagoxía e Didáctica. As súas liñas de investigación prioritarias son: educación e pedagoxía intercultural, educación e pedagoxía en contextos penitenciarios, aprendizaxe-servizo e educación familiar. Realizou unha estadía de investigación na Universidade de Sevilla en 2012 e na Universidade de Cambridge en 2013. Pertence ao grupo de investigación Esculca da Universidade de Santiago de Compostela, co que obtivo o Premio “Maria Barbeito” de investigación pedagóxica en Galicia na súa edición 2012. No marco deste grupo participou en diferentes proxectos e traballos de investigación. Nos últimos anos realizou diferentes contribucións a congresos nacionais e internacionais así como publicacións en revistas de prestixio.