PABLO
TABOADA ANTELO
Catedrático de universidade
Institut: Departamento de Física de Partículas
Fakultät: Facultade de Física
Institut: Instituto de Materiais
Strategische Gruppierung von I+D+i: Agrupación Estratéxica en Materiais (AEMAT)
Bereich: Physik der kondensierten Materie
Forschungsgruppe: Grupo de Física de Coloides y Polímeros
Email: pablo.taboada@usc.es
Doktor von der Universidade de Santiago de Compostela mit der Dissertation Termodinámica de formación de clústesr de algunas penicilinas, interacción fármaco-biopolímero 1998. unter der Leitung von Dr. Manuel García Sánchez, Dr. Félix Sarmiento Escalona, Dr. Víctor Mosquera Tallón.
Pablo Taboada obtivo o seu Doutoramento en Física na Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1999. Posteriormente, realizou estadías postdoutourais nas Universidades de Bilbao (España), Manchester (Reino Unido) e Colexio Universitario de Dublín (UCD, Irlanda). A finais de 2001 incorporouse de novo á USC con un contrato de investigación do programa Ramón y Cajal para recuperación de investigadores de excelencia no extranxeiro. En xaneiro de 2007 convertiuse en Profesor Titular da área de Física da Materia Condensada, e desde o ano 2021 é Catedrático de Universidade no Departamento de Física de Partículas. O Prof. Taboada é autor de máis de 240 artigos de investigación en revistas internacionais de recoñecido prestixio, (índice H = 31); dirixiu ou participou en máis de corenta proxectos e contratos de investigación internacionais e nacionais, e dirixiu 21 Tesis de doutoramento (10 máis en curso). É revisor habitual de diversas revistas internacionais (Adv. Mater. Adv. Funct. Mater. ACS Nano, Nano Lett., etc), membro do comité editorial de Frontiers in Bioengeneering, Pharmaceutics e Current Pharmaceutical Biotechnology, e avaliador de proxectos das Axencias Nacionais de Investigación de España, Argentina, Suiza, Polonia, Georgia, República Checa, e da European Science Foundation. Actualmente, os intereses científicos do Prof. Taboada céntranse no desenvolvemento de materiais nanoestruturados para a súa aplicación no campo biomédico, con especial enfoque nos ámbitos da teranose, a liberación activa de fármacos e a medici´a rexenerativa; na producción e almacenamento de enerxía, e no biosensado. Asemade, tien tamén especial interse no estudo dos procesos de autoensamblaxe de sistemas (bio)poliméricos que son a orixe de diversas enfermidades dexenerativas como eoAlzheimer e o Parkinson, e a análise da súa inhibición mediante estratexias de reposicionamento de fármacos.